Marzo 2013
Detallamosvos as métricas das diversas canles de comunicación da Asamblea de Anova-Irmandade Nacionalista en Vigo: (Cada foto está enlazada co perfil comentado)
Blog en Wordpress: ( O blogue está sendo agora mesmo o cerne da estructura de comunicación-como debe ser-)
Perfil no Facebook:
Páxina de Seguidoras do FaceBook:
Perfil no Twitter:
Canle do Youtube: ( Con videos filmados e realizados por membras da equipa)
Contentas pola marcha que vai tomando a estructura de comunicación dixital da Asemblea de Anova-Irmandade Nacionalista en Vigo, ainda non podemos darnos por satisfeitas por diversos problemas que vimos atopando na resolución de diversas eivas colectivas que creemos que debemos sinalar coa intención de autocriticarnos e non acarrexar con lastres ata o fin dos tempos:
1.- Ainda que efectivamente estamos traballando en bloques temáticos onde combinanse os textos, videos, e material gráfico, non atopamos retroalimentación de abondo na convocatoria de actos por parte dos diversos grupos de traballo cara o grupo de comunicación, perdendo oportunidades de difusión que permiten os medios dixitais. (Coa honrosa excepción de varias compañeiras que colaboran de xeito individual. ¡ Grazas!)
Vaise mellorando. O grupo de Comunicación xa está incluido en googlegroups de Anova-IN Vigo, pero de outros grupos non se reciben as comunicacións.
2.- O uso dos eventos abertos en G+ permite unha gran aportación de material gráfico de xeito doado, aportado por cada militante de xeito individual e partillando con toda a comunidade.
3.- A ignorancia as chamadas de integración de ferramentas colaborativas na nube obrigan a duplicidade de esforzos. (Por exemplo, a integración dos diversos calendarios de actividades das diversas equipas de traballo para automatizalos nunha soa axenda dixital....) -Mantemonos abertas a axudar a preparar a ferramenta ou a entregala chave en man, xa configurada ós grupos que ainda non crearan enderezo de correo)
4.- No que refire ás redes sociais en xeral non existe interacción. Se acaso algunhas peticións de persoas para que se lles partille algunha petición de change.org -organización coa que algunhas das compoñentes do grupo de comunicación están en desacordo.-
Lembramosvos que tanto o perfil do Facebook como a Páxina de Seguidores está aberta para que as persoas dos círculos achegados poidades compartir vosas inquedanzas.
5.- Está tamén infrautilizada a ferramenta do twitter, doada para recibir enlaces e fotografías mediante mensaxes directos. - A plataforma por Corcoesto leva sido dos entes mais activos neste eido-. Non así para realizar campañas virtuais como a última pola dimisión de Frijol.
Estamos a traballar e a definir un apartado cultural e de colaboracións ó blogue, unha especie de caderno cultural anexo, mais ainda estamos a definir cales van a ser as condicións requeridas para a publicación en tales medios (Textos exclusivos, dereitos de autor ....)
Aproveitamos para -insistindo- pedirvos a todos os grupos de traballo que incluades o enderezo anovacomunicacionvigo@gmail.com nas vosas listaxes de correo , para termos info actualizada, sen ter que andar a buscala polas diversas páxinas e grupos onde está espallada.
Por outra banda, por aquelo de integración, dende o GRUPO DE COMUNICACIÓN pedimosvos (pedir é pedir... cicais non esteades cómodas...) que quenes ainda non artellastes as ferramentas de comunicación optedes pola plataforma Google, por versatilidade e posibilidade de ir construindo unha verdadeira rede colaborativa.
Sin pausa, antre todas habemos de poder.
A estructura técnica de Comunicación dixital do Grupo de Comunicación Anova-Irmandade Nacionalista Vigo, a día de hoxe está enfiada do seguinte xeito: (observese que sigue se existir fluxo entre os distintos grupos de traballo e o calendario mais a recepción de noticias...)

| Cadro de Mando C.R.M Anova-Vigo |
As flechas en bermello indican que estamos traballando xa con elas, algunhas das cais están a traballar con robot que automatiza tarefas.(como a RSS que nos alimentan a Fan Page) e outras como a creación e difusión de eventos, e o mantenemento da axenda manualmente.
As flechas grises son cuestións que ainda non poidemos solventar por cuestións de índole técnica ou de falla de tempo ou contidos.
Aproveitar para invitarvos a todas a publicar nos nosos valados as convocatorias dos vosos grupos ou eidos. E referimonos non so a actos políticos, senon tamén culturais, étnicos, xornadas.... De esa maneira manteremos viva a axenda.
Os perfis de Anova-Irmandade Nacionalista Vigo nas redes:
FaceBook Perfil.
FaceBook Fan Page
G+ Perfil
@Twitter
Youtube Perfil
Blogue
Orkut
FaceBook Perfil.
FaceBook Fan Page
G+ Perfil
Youtube Perfil
Blogue
Orkut
Enviadeos a anovacomunicacionvigo@gmail.com; e naturalmente tamén esperamos os vosos enderezos RSS.
Grupo Anova Comunicación Vigo.




